Novas 2020

ESPECIAL

15 Set 2020

Zunzunegui, ?galipo? outro ano máis

Zunzunegui, ?galipo?  outro ano máis

O adestrador vigués seguirá ao mando de Zierbena Bahías de Bizkaia na Liga Eusko Label 2021

Os camiños de Juan Zunzunegui e Zierbena Bahías de Bizkaia seguirán ligados, polo menos, por outro ano máis logo de se oficializar a renovación do adestrador vigués por máis un ano. Deste xeito, o club ‘galipo’ quere darlle continuidade ao proxecto de Zunzunegui.

Dende a súa chegada no 2014, Zierbena Bahías de Bizkaia mantivo unha traxectoria ascendente até chegaren a se er nun dos ‘galos’ da categoría, ao entraren na loita polas bandeiras en cada unha das xornadas da Liga Eusko Label. Con Zunzunegui, o equipo viscaíno logrou cinco vitorias na Liga Eusko Label, e a falta das dúas últimas xornadas, é quinto na clasificación xeral con 135 puntos.

Voltar