Novas 2023

COMPETICION

13 Ago 2023

Zierbena redondea a fin de semana en Boiro

Zierbena redondea a fin de semana en Boiro Zierbena redondea a fin de semana en Boiro

Os galipos, tras gañaren a XXXIII Bandeira Concello de Boiro, conseguen por primeira vez as dúas Bandeiras da fin de semana na Eusko Label Liga.

Zierbena Bahías de Bizkaia tamén consegue a vitoria na XXXIII Bandeira Concello de Boiro e levan para a casa as dúas bandeiras desputadas en Galiza esta fin de semana. Os galipos levaron a vitoria tras loitaren até o final contra o tempo marcado pola traiñeira local na segunda quenda, Cabo da Cruz e lograron a vitoria nos últimos metros do último longo. Se ben a vitoria recaiu nunha traiñeira da terceira quenda, tanto a segunda posición como a terceira, foi para dúas traiñeiras da segunda quenda. Zierbena logrou un tempo de 19:30, CR Cabo da Cruz necesitou 3 segundos máis para cruzar o campo de regatas, o terceiro clasificado foi Orio Orialki con 7 segundos máis que os galipos, mentres que Hondarribia foi cuarta tamén con sete segundos de retraso. 
 
Así as cousas, con as súas dúas vitorias esta fin de semana Zierbena Bahías de Bizkaia entrou de cheo na loita pola Liga Eusko Label. Tras a desputa do sétimo fin de semana de competición, Bermeo Urdaibai suma 140 puntos, Hondarribia 137 puntos e Zierbena 136 puntos. Donostiarra Amenabar é cuarta con 108 puntos.  

Nortindal Donostiarra domina en Boiro
Nortindal Donostiarra levou a vitoria na IV Bandeira de Traiñeiras Feminina Rianxeira. Malia o comezo ter sido moi igualado, no final do primeiro longo as de Nerea Pérez puxéronse á cabeza e pouco a pouco foron aumentando a diferenza, para chegaren á meta cun tempo de 10:24, tres segundos por diante de Donostia Arraun Lagunak. 
 
Orio, foi terceira a 7 segundos das vencedoras. Hibaika foi a gañadora da primeira quenda con catro segundos de vantaxe sobre Hondarribia Bertako Igogailuak. 
 
Na clasificación xeral, Donostia Arraun Lagunak continua coa mesma vantaxe que no inicio das dúas xornadas desta fin de semana a falta das dúas últimas xornadas de competición en Zarautz. Polo tanto, as de Lugañene teñen 80 puntos, Orio Orialki é segunda con 74 puntos, Nortindal Donostiarra é terceira con 65 puntos e pecha a segunda quenda Tolosaldea con 60 puntos.
 

Voltar