ACT TV 2021

ENTREVISTAS

08 Xul 2021

Zierbena estreará a tempada de Bizkaia

Zierbena estreará a tempada de Bizkaia

Zierbena acollerá o domingo a XXXVIII Bandeira Petronor da Liga Eusko Label e a Bandeira Edinor da Liga Euskotren

Bizkaia acollerá no domingo a súa primeira regata desta tempada, tanto da Liga Eusko Label como da Liga Euskotren. Concretamente será o campo de regatas de Zierbena o que acollerá a cuarta xornada da tempada, onde estarán en xogo a XXXVIII Bandeira Petronor da Liga Eusko Label e a Bandeira Edinor da Liga Euskotren.

A xornada comezará ás 11:40 horas coa desputa da quenda feminina, onde as traiñeiras da Liga Euskotren realizarán un percorrido dunha milla náutica e media (2.778 metros), con dous longos e unha ceavoga.
 
A seguir comezará a Bandera Petronor, onde os 12 clubs da Liga Eusko Label estarán divididos en tres quendas, organizadas en base á clasificación final da regata da véspera, que se desputará en Donostia. As traiñeiras masculinas deberán completar un percorrido de tres millas náuticas (5.556 metros), con catro longos e tres ceavogas.
  

Voltar