Novas 2021

COMPETICION

24 Xul 2021

Zierbena Bahías de Bizkaia non participará por COVID-19 no plantel

Zierbena Bahías de Bizkaia non participará por COVID-19 no plantel

O equipo biscaíno non participará esta fin de semana logo de se coñecer un caso positivo

11 serán as traiñeiras que finalmente competirán esta fin de semana nas dúas seguintes regatas da Liga Eusko Label que se desputarán en Castro Urdiales e en Lekeitio. Zierbena Bahías de Bizkaia logo de se coñecer un caso positivo por COVID-19 no plantel, non participará na Bandeira CaixaBank desta tarde, nin mañá na El-Correo Ikurriña.

A entidade biscaína notificou o positivo nunha proba realizada a un deportista, polo que, seguindo as indicacións dos protocolos de actuación da ACT e as Autoridades Sanitarias, o plantel terá que facer corentena. O resto do plantel someterase aos correspondentes test PCR para descartar máis positivos no seo do equipo.

Deste xeito, e tendo en conta a media de puntos obtida até hoxe nestas seis xornadas da Liga Eusko Label, Zierbena Bahías de Bizkaia sumará 9 puntos en cada unha das dúas xornadas que cause baixa.
 

Voltar