Novas

ASOCIACION

16 Mai 2016

Zarautz, un encontro indiscutíbel para a Liga San Miguel

Zarautz, un encontro indiscutíbel para a Liga San Miguel

O Concello zarauztarra e a ACT selan un acordo polo cal a clásica dobre xornada se materá no calendario durante tres anos máis

Nas tres vindeiras tempadas, un dos encontros chave do calendario asegúrase a súa presenza na Liga San Miguel. A Zarauzko Estropadak porá en xogo até 2018 unha das bandeiras máis gorentosas do calendario, ademais de servir tamén para coroar ás campioas da Liga Euskotren. Así, este ano, a localidade guipuscoana acollerá a batalla pola Coroa CaixaBank os vindeiros 13 e 14 de agosto.

Un encontro que navega canda a ACT desde os seus inicios no 2003 onde Astillero levou a bandeira con unha marca de 19’44”36 e avantaxando en 12 segundos a Orio Babyauto. Non foi até 2006 cando a proba pasou a ser dobre xornada e neste encontro tamén a vitoria foi para Orio Babyauto por diante de NT2 Hondarribia e Castreña. Xa o ano pasado, a ‘Ama Guadalupekoa’ estreouse neste campo con unha vitoria por diante de Urdaibai Avia.

Deste xeito, Xabier Txurruka, alcalde de Zarautz, e Pedro Andueza, Presidente da ACT, selaron este acordo que une a Zarautz e á ACT para as vindeiras tres tempadas. Xabier Txurruka indica que, “a ACT é un espectáculo de primeiro nivel no mundo das traiñeiras e o que queremos é consolidármonos e manifestar o noso compromiso, para que os vindeiros tres anos teñamos garantida a nosa participación”. Pola súa banda, así expresou Pedro Andueza o seu agradecemento ao Concello de Zarautz: “É un prestixio para nós manter esta regata no noso calendario, xa que é unha regata das máis importantes da Liga San Miguel”. 

Voltar