Novas 2023

COMPETICION

18 Ago 2023

Zarautz epicentro do remo

Zarautz epicentro do remo Zarautz epicentro do remo

No domingo as traiñeiras da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren tentarán facerse coa Zarauzko Ikurriña, última xornada da competición feminina

Este sábado e domingo, Zarautz convertirase no epicentro do remo de banco fixo, onde competirán entre outros, as traiñeiras da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren. Será a segunda Bandeira a dobre xornada da tempada, que fai que esta fin de semana sexa moi importante no calendario de todos os clubs.
 
Orio Orialki na competición feminina é a dominadora da proba, sendo quen gañou nas últimas catro edicións, vencendo en ambas xornadas. Esta fin de semana, o desafío das de Patxi Francés, ademais de gañaren, será acurtaren os seis puntos de vantaxe que ten Donostia Arraun Lagunak na clasificación xeral, para gañar a Liga Euskotren por cuarta ocasión. Do contrario, a Lugañene vencería así o seu segundo Trofeo Euskotren. 
 
Na competición masculina, Bermeo Urdaibai gañou a tempada pasada rompendo a racha de tres vitorias consecutivas de Hondarribia. Os dous líderes da competición, co permiso de Zierbena Bahías de Bizkaia, quererán repetir o título ondeando unha das Ikurriñas máis prezadas do calendario da ACT. 
 
En ambas competicións, as quendas do sábado serán segundo a clasificación xeral, mentres que no domingo serán segundo os tempos da primeira xornada. No sábado, a xornada comezará ás 17:25 horas, coas catro últimas clasificadas da Liga Euskotren, mentres que os cuatro últimos clasificados da Liga Eusko Label comezarán ás 18:15 horas. 
 
O domingo, a xornada comezará ás 11:20 horas, e a Liga Euskotren comezará erguendo ao ceo zarauztarra o Trofeo Euskotren por parte das gañadoras da histórica competición con 8 participantes. Posteriormente será a vez das traiñeiras da Liga Eusko Label que desputarán a décimo sexta xornada do calendario. 

FAN ZONE
Por segunda tempada consecutiva a FAN ZONE volta a Zarautz, e este ano repite a ubicación da tempada pasada en Lege Zaharren Enparantza. Os zarauztarras e máis aqueles que se acheguen a Zarautz, poderán gozar dunha experiencia única, antes, durante e despois da dobre xornada da Zarauzko Ikurriña. Tanto no sábado como no domingo, poderase degustar os produtos Eusko Label e a Keler, a cervexa oficial, así como tirar fotografías cos trofeos que levarán os campións e campioas da Liga Eusko Label e Liga Euskotren. Tamén se colocará a pantalla xigante para non perder detalle da dobre xornada, e para os máis pequenos haberá inchábeis da man de BM Supermercados. O domingo, porén, os afeccionados tamén poderán degustar un bo Vermouth da man de Txurrut.

Voltar