Novas 2016

ESPECIAL

12 Xu˜ 2016

Xa disponíbel a nova Web APP da Liga San Miguel!

Xa disponíbel a nova Web APP da Liga San Miguel!

Esta ferramenta permite consultar os planteis e seguir toda a actualidade da pelexa pola Coroa CaixaBank

O bandeirazo de saída que indica o comezo da Liga San Miguel está a punto de caer e os afeccionados xa teñen disponíbel a aplicación que habilita saber a última hora da loita pola Coroa CaixaBank. Coa nova Web APP, os afeccionados do remo poderán gozar de todas as novas, dos planteis oficiais da Liga San Miguel e da Liga Euskotren, da información referente ás 19 xornadas e das fotos das regatas, entre outras cousas.

Ao igual que en anos anteriores, grazas ao sinal que proporciona o GPS, a aplicación dá a posibilidade de saber o minuto a minuto do devir da regata. Deste xeito, aqueles afeccionados que non poidan presenzar a regata ao vivo, poderán seguila con esta plataforma e coñecer incluso os rumbos de cada embarcación.

Así que, se es dos que quere ter toda a información da Liga San Miguel no teu peto, con dous pasos sinxelos terala...

1) Entra desde o teu móbil en www.ligasanmiguelapp.com
2) Crea un acceso directo (ou engádea na túa pantalla de inicio)

A gozar!

Voltar