ACT TV 2018

ESPECIAL

06 Ago 2018

Voltan os segundos de adrenalina!

Voltan os segundos de adrenalina!

Urdaibaia Avia e San Juan Iberdrola chegan como líderes sólidos da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren na segunda metade da tempada

A Eusko Label Liga e máis a Liga Euskotren retoman o ritmo da competición logo do paro na Liga pola desputa do Campionato de España de Traiñeiras. Un Campionato, cómpre salientar, que gañou Zierbena Bahías de Bizkaia por diante de Urdaibai Avia e  GO fit Hondarribia, conseguindo deste xeito os ‘galipo’ un triplete histórico, impóndose no estatal de traiñeiras, traiñeiriñas e bateis.

Daquela, a máxima competición afronta deste sábado en diante a segunda metade da tempada. Unha fase á que todos os clubs queren chegar en plenitude e onde se porán en xogo, entre outras, a sempre prestixiosa Zarauzko Estropadak. Mais antes disto o testemuño collerano sábado e domingo Ondarroa e Hondarribia, a partir das 18.00 horas e 11.45 horas respectivamente. Logo desta fin de semana será a vez da dobre xornada da Zarauzko Estropadak, o 18 e 19 de agosto, onde se coroará ás campioas da Liga Euskotren. E xa na fin de semana do 25 e 26 de agosto completarase este mes cos dous derradeiros encontros en Galiza, en augas de Moaña e Cabo, pechando así o calendario regular.

Deste xeito, a clasificación a metade de temporada chega comandada por Urdaibai Avia con unha vantaxe de 9 puntos sobre GO fit Hondarribia e 14 sobre Zierbena Bahías de Bizkaia. Por baixo, a loita está a ser pechada entre San Juan Sumelec e Tirán Pereira por eludir o descenso directo. Polo momento, a vantaxe é para os da ‘Erreka’ con catro puntos frente os de Moaña.

Xa na Liga Euskotren, non hai quen domee as ‘Batelerak’ de San Juan Iberdrola pois as sanjuandarras levaron para a casa todo canto se puxo en xogo. Tal é o punto de superioridade que as rosas poderían proclamárense matematicamente campioas da Liga Euskotren domingo en augas de Ondarroa por quinta vez consecutiva. A falta aínda de dúas xornadas, algo que nunca tiña acontecido.

Que comece a segunda metade da máxima competición de traiñeiras!

Voltar