Novas

ENTREVISTAS

02 Xul 2020

Voltan as campioas

Voltan as campioas

Orio Arraunketa Elkartea afronta a tempada 2020 da Liga Euskotren sendo o equipo a bater

“Este ano ben podemos dicir que somos favoritos” di Santi Zabaleta, adestrador de Orio Arraunketa Elkartea. As oriotarras gañaron a pulso esta categoría logo de dominaren a Liga Euskotren na tempada pasada con 13 de 14 vitorias. O adestrador guipuscoano, ademais, conseguiu darlle continuidade a este plantel campión mantendo “un 85-90% do plantel”, ao que engadiu “remeiras da canteira que queren entrar empurrando forte”.

En canto aos seus contrincantes na competición, Zabaleta considera que será unha liga “bastante aberta”, xa que os outros tres equipos “fixeron os seus deberes” e reforzáronse moi ben. Este feito, afirma o técnico das ‘aguiluchas’, é bo para o deporte porque “xera máis competitividade”.

Voltar