ACT TV

ESPECIAL

04 Ago 2020

Volta para collerlle o pulso á competición en Hondarribia

Volta para collerlle o pulso á competición en Hondarribia

A Liga Eusko Label e a Liga Euskotren voltan este sábado coa desputa da Hondarribiko XXXIII. Bandera - Mapfre Sari Nagusia e a XII. Txingudiko Bandera - Mapfre Sari Nagusia

Logo do paro desta pasada fin de semana na que Zierbena Bahías de Bizkaia se proclamou Campión de España de Traiñeiras, voltan á Liga Eusko Label e á Liga Euskotren para afrontaren a segunda metade de ambas competicións.

O sábado a partir das 17:40 as catro traiñeiras da Liga Euskotren voltan á competición coa desputa da XII. Txingudiko Bandera - Mapfre Sari Nagusia. As catro traiñeiras completarán unha distancia dunha milla náutica e media (2.778 metros) con dous longos e unha ceavoga.

Así que remate a regata feminina, chegará a vez dos equipos da Liga Eusko Label. Os 12 clubs da competición masculina competirán nun percorrido de tres millas náuticas (5.556 metros) con catro longos e tres ceavogas. As tres quendas da tarde estarán divididas en base á clasificación xeral da loita pola Coroa CaixaBank. Na primeira quenda teremos a Kaiku Vusa, Zarautz Babyauto, Ondarroa Cikautxo e CR Ares. Na segunda quenda competirán Lekittarra Elecnor, Cabo, Zierbena Bahías de Bizkaia e GO fit Hondarribia. Por último, na quenda de honra vogarán Orio Arraunketa Elkartea, Donostiarra Amenabar, Santurtzi Transportes y Grúas Aguado e Bermeo Urdaibai Avia.

Voltar