ACT TV 2016

ESPECIAL

30 Xu˜ 2016

Volta o Reto do Verdadeiro ou Falso!

Volta o Reto do Verdadeiro ou Falso!

Estrean esta tempada a sección, Iago Davila e Asier Hernández, remeiros de Zierbena Bahías de Bizkaia

Volta outro ano máis unha das seccións máis divertidas da tempada onde coñecemos en 'profundidade' aos protagonistas da Liga San MiguelO Reto do Verdadeiro ou Falso achegaranos cada semana a dous integrantes de cada un dos clubs que loitan pola Coroa CaixaBank e estes tratarán, con preguntas que en moitas ocasións lindan o surrealista, de persuadir ao seu compañeiro e levarse a victoria no xogo. 

Nesta reestrea da sección contamos coa presenza de Iago Davila e Asier Hernández, remeiros de Zierbena Bahías de Bizkaia e que levan o xogo ao seu máximo esplendor. Hernández, por exemplo, confesa que un día partiu o mando da televisión xa que non funcionaba ou, no caso de Davila, afundiu no medio dunha regata co seu batel por non lle facer caso ás inidicacións dos árbitros. 

Voltar