Novas 2020

ESPECIAL

06 Xu˜ 2020

Volta á auga dos clubs vascos da Liga Eusko Label e Liga EuskoTren

Volta á auga dos clubs vascos da Liga Eusko Label e Liga EuskoTren

Os planteis das Ligas Eusko Label e Euskotren poderán voltar á auga en Euskadi a partir do vindeiro luns para adestraren de cara a tempada estival

A partir do vindeiro luns, 8 de xuño, os clubs da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren ubicados en Euskadi voltarán á práctica colectiva dentro da traiñeira. Así foi comunicado esta mañá pola Conselleira de Desenvolvemento Económico e Infraestructuras Arantxa Tapia, anunciando a Orde do Goberno Vasco que permitirá a práctica do remo en traiñeira ao acceder Euskadi á fase 3 de desconfinto progresivo.

Esta medida, á par do feito de que o Protocolo para a volta aos adestramentos e á organización de regatas da ACT cumple cos requisitos sanitarios necesarios e incorpora as recomendacións do Departamento de Saúde do Goberno Vasco, fai que cada vez estea máis perto o comezo da Liga Eusko Label e a Liga Euskotren.

A medida tivo unha boa acollida na ACT e Borja Rodrigo, presidente da Asociación califícaa de “excelente noticia”, xa que “posibilita” poder chegar en condicións á data sinalada para o comezo da competición.

Rodrigo quixo agradecer a paciencia e o esforzo que demostraron todos os axentes ligados coa ACT durante estes tres longos meses e tivo unha mención especial á “constancia” e ao “traballo” que fixeron os remeiros e remeiras da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren para non baixaren os brazos durante o confinto e chegaren da mellor forma posíbel á que promete ser unha nova tempada chea de emoción e espectáculo dentro da auga.

Voltar