ACT TV

ESPECIAL

02 Xul 2022

Volta a FAN ZONE!

Volta a FAN ZONE! Volta a FAN ZONE!

O Paseo Uribitarte de Bilbao e a Praza Jacques Cousteau de Donosti serán os espazos que ocupará a FAN ZONE nesta fin de semana

Os afeccionados e afeccionadas dos equipos da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren voltarán gozar do seu espazo máis agardado. A Fan zone de ambas competicións está de volta, e con ela, o goce das afeccións. No sábado, en Bilbao, situarase no Paseo Uribitarte, a carón da zona técnica da regata, mentres que a praza Jacques Cousteau do paseo novo donostiarra será o lugar escollido para o domingo. 

Nela, os afeccionados e afeccionadas ao remo poderán degustar o Bonito de Eusko Label á grella ou a cervexa oficial da competición, Keler. Por outra banda, haberá outros puntos de interese, como os trofeos de ambas competicións visíbeis para poder tirar fotografías coa Coroa CaixaBank, os inchábeis de BM e o espazo de Negua para poder ver "in situ" as pezas de roupa coas que competirán os líderes das clasificacións. Se todo isto fose pouco atractivo, tamén se poderán seguir en directo as regatas, tanto a Bandeira de Bilbao como a Bandera Fabrika. Sen dúbida, un lugar ideal para gozar das regatas dun xeito diferente.  

Voltar