ACT TV 2022

ESPECIAL

30 Xul 2022

Vitoria para Amenabar Donostiarra no novo campo de Getxo

Vitoria para Amenabar Donostiarra no novo campo de Getxo Vitoria para Amenabar Donostiarra no novo campo de Getxo

A vitoria na Getxoko Estropaden XLIV Ikurriña - J.A. Agirre Lehendakariaren XVIII. Omenaldia achega a Torrekua II a un punto de Matrix Hondarribia na xeral

Amenabar Donostiarra Ur Kirolak 100 e Matrix Hondarribia mantiveron unha dura pugna pola  Getxoko Estropaden XLIV Ikurriña - J.A. Agirre Lehendakariaren XVIII. Omenaldia até os últimos metros nos que foi mellor a Torrekua II con 1 segundo de renda. Os pupilos de Igor Makazaga suman así a súa 3ª bandeira da tempada e colócanse con 98 puntos na Liga EuskoLabel frente os 99 da Ama Gudalupekoa, que mantén o liderado máis unha xornada. Por detrás dos dous máis fortes en augas de Getxo foron Urdaibai, cedendo 16 segundos, e Orio e Kaiku, que chegaban 26 segundos máis tarde. 

Orio Orialki aumenta a vantaxe na xeral respecto a Donostia Arraun Lagunak
Despois da semana de paro da Liga EuskoTren volvían á escena as catro embarcacións para desputaren a Getxoko Estropaden XIV Ikurriña - JA Agirre Lehendakariaren XVIII. Omenaldia. Igual que en anteriores regatas, Orio Orialki e Donostia Arraun Lagunak mantiveron unha igualdade moi parella durante a maior parte da quenda até que as patroneadas por Nadeth Agirre impoñían unha marcha máis para cruzaren a meta con 2 segundos de renda sobre as donostiarras. Por detrás, Tolosaldea superou a Nortindal Donostiarra Ur Kirolak 100 chegando á meta perdendo 13 e 14 segundos, respectivamente.

Daquela, coa vitoria da San Nikolas, Orio aumenta a súa diferenza con Donostia Arraun Lagunak acadando os 26 puntos frente os 23 das da capital vasca. Na loita polo terceiro posto, a Torrekua mantén o terceiro posto da xeral con 12 puntos frente os 9 de Tolosaldea. 
 

Voltar