ACT TV 2022

16 Xul 2022

Vitoria e liderado para Orio na casa

Vitoria e liderado para Orio na casa Vitoria e liderado para Orio na casa

A San Nikolas derrotou a Donostia Arraun Lagunak na Orioko XXII Emakumezkoen Estropada - Orioko Kanpina X. Bandera 

Orio Orialki conquista a "súa" bandeira despois de superar a Donostia Arraun Lagunak por nove segundos na Orioko XXII. Emakumezkoen Estropada - ORIO Kanpina X. Bandera. Con esta vitoria, as aguiluchas recuperan o liderado da Liga EuskoTren sumando 18 puntos frente os 17 das da capital.

Pola súa banda, Nortindal Donostiarra Ur Kirolak 100 acadaba a meta con unha perda de 21 segundos frente Orio e Tolosaldea chegaba última a 29 segundos. Estes resultados permiten a Donostiarra sumaren 9 puntos e Tolosaldea pecha a clasificación da Liga EuskoTren con seis puntos.

Matrix Hondarribia suma a súa primeira bandeira en Orio
Matrix Hondarribia consegue a súa primeira bandeira da tempada 2022 en augas de Orio logo de superar na meta a unha Amenabar Donostiarra Ur Kirolak 100 que pelexou o triunfo até as padas finais na Orioko XXXII. Estropada - Orio Kanpina X. Bandera. A Ama Guadalupekoa e a Torrekua II mantiveron un duelo moi igualado en todos os longos até que nos últimos metros os verdes impuxeron unha marcha máis para conquistaren a regata do sábado. Por detrás, Urdabai completou a quenda de honra no terceiro lugar, cruzando a liña de meta a 11 segundos da gañadora. Orio Orialki foi cuarto nesta última quenda. 

Por outra banda e despois dos resultados deste sábado, a segunda quenda de mañá estará composta por Zierbena Bahías de Bizkaia, Kaiku Berez Galanta, Lekitarra Elecnor e Ondarroa Cikautxo; mentres que abrirán a xornada do domingo Getaria, Santurtzi, Cabo e Ares. Estes dous últimos se ficaron sen sumar ningún punto en Orio por teren embestido ambas embarcacións fóra dos seus respectivos carreiros cando estaban a piques de cruzar a liña de meta.

Voltar