ACT TV 2022

24 Xul 2022

Vitoria e liderado para Matrix Hondarribia

Vitoria e liderado para Matrix Hondarribia

A Ama Guadalupekoa completa unha fin de semana con dúas vitorias despois de venceren na Santurtziko XLIII. Ikurriña

Matrix Hondarribia voltou ser o mellor na xornada dominical despois de gañar a Santurtziko XLIII. Ikurriña por diante de Urdaibai e Amenabar Donostiarra Ur Kirolak 100. A Ama Guadalupekoa procuraba o liderado en solitario e xa dende as primeiras padas colocábase na primeira praza até cruzar as boias finais con 7 segundos sobre a Bou Bizkaia, 12" sobre a Torrekua II e 13" sobre Orio Orialki. Con esta vitoria, os pupilos de Orbañanos sitúanse líderes en solitario na Liga EuskoLabel acadando os 88 puntos frente os 86 da donostiarra e os 83 dos biscaínos.

Pola súa banda, CR Ares conseguiu uns puntos moi importantes de cara á clasificación xeral despois de seren quintos en augas de Santurtzi e iguala con Ondarroa Cikautxo, con 26 puntos, na última posición. Por detrás da Santa Olalla remataban Kaiku Berez Galanta, a Itsasoko Ama Sotera, Ondarroa Cikautxo, Cabo da Cruz, Zierbena Bahías de Bizkaia, todos eles menos Kaiku entrando na meta en menos dun segundo e medio. Cederon algo máis de tempo Getaria e Lekitarra Elecnor, as últimas dúas traiñeiras na xornada de hoxe.

Voltar