ACT TV 2014

ESPECIAL

01 Out 2014

Vicente Carpintero, premio ?la Caixa? ao mellor patrón

Vicente Carpintero, premio ?la Caixa? ao mellor patrón

O de Zierbena Bahías de Bizkaia consegue por primeira vez este galardón que o acredita como mellor patrón da tempada

Vicente Carpintero, patrón de Zierbena Bahías de Bizkaia, recibiu esta tarde na sociedade Ondartza de Zarautz o Trofeo “la Caixa” ao Mellor Patrón. Un galardón que, polo momento, ninguén ten en propiedade. E para se poder facer con el, o patrón deberá imporse nesta clasificación polo menos en tres ocasións. O acto, no que houbo unha representación dos patrones da Liga San Miguel, tivo como protagonista inicial a Asier Zurinaga, patrón de Kaiku Ambilamp, quen fixo a entrega do trofeo que o acreditaba como mellor patrón da tempada 2013 e recibiu unha réplica deste de mans de Pedro Bartra, representante de “la Caixa”. Inmediatamente despois, foi o turno para o vixente campión, quen, ademais de recibir o trofeo, levou un cheque por un importe de 3.000 euros. Cómpre salientar que o patrón ‘galipo’ conseguiu na presente campaña 23 puntos, sacando unha vantaxe de catro e cinco puntos a Gorka Aranberri e Asier Zurinaga. Deses 23 puntos, Carpintero fíxose coa máxima puntuación -tres puntos- en sete ocasións, mentres que en outras dúas regatas puntuou un punto.

Cómpre lembrar, que para elaborar a clasificación, o Comité Técnico dispuxo dos datos objectivos que ofrece o GPS, ademais do seguemento realizado a cada traíña durante o desenvolvemento da regata. Os datos do GPS amosan os metros realizados, o tempo invertido en virar na ceavoga -tomados de 50 metros antes a 50 metros despois do punto da baliza correspondente- e o factor relativo resultante do traballo realizado apenas polo patrón (velocidade da embarcación pola velocidade do xiro na ceavoga). Ademais, calificouse tamén a pericia do patrón para dirixir á súa embarcación.

Así e todo, Vicente Carpintero súmame á selecta listaxe de patróns que conseguiron este galardón, entre os que están Asier Zurinaga (2011 e 2013), Ioseba Amunarriz (2009 e 2012), Irakoitz Etxeberria (2008) e Aitor Carrillo (2010).

Voltar