ACT TV

ESPECIAL

20 Set 2018

Valoracións de final de tempada na quenda de honra

Valoracións de final de tempada na quenda de honra

Urdaibai Avia, GO fit Hondarribia, Zierbena Bahías de Bizkaia e Orio Babyauto avalian o traballo realizado

Onte coñecemos as opinións dos integrantes da segunda quenda sobre a recén rematada Eusko Label Liga 2018. Hoxe é a vez dos catro mellores clasificados do presente curso. As catro embarcacións conseguiron levar polo menos unha bandeira nesta tempada, e a diferenza do campión ao cuarto clasificado foi de apenas 22 puntos. Isto indícanos que foi unha primeira quenda moi parella na que tivemos mudanzas nos resultados xornada tras xornada.

Urdaibai Avia coroouse por terceira vez consecutiva como campión, GO fit Hondarribia conseguiu 4 bandeiras, Zierbena Bahías de Bizkaia impúxose en Ondarroa e Orio Babyauto levou dúas bandeiras incluída a conseguida na casa. As catro embarcacións de honra teñen motivos para pecharen o curso cun sorriso. 

Voltar