Novas 2022

COMPETICION

20 Ago 2022

Urdaibai golpea primeiro en Zarautz

Urdaibai golpea primeiro en Zarautz Urdaibai golpea primeiro en Zarautz

La Bou Bizkaia ha ganado en la primera jornada de la XLV Zarauzko Ikurriña con 3 segundos de renta sobre Matrix Hondarribia y Orio Orialki

Bermeo Urdaibai foi a embarcación máis rápida na primeira xornada da XLV Zarauzko Ikurriña ao superar a Matrix Hondarribia e a Orio Orialki por tres segundos. Por detrás, ficou Amenabar Donostiarra Ur Kirolak 100 cedendo 11 segundos. Estas catro traiñeiras da quenda de honra víronse obrigadas a vogaren na modalidade de contra o reloxo despois de que unha boia afundise, e non se dese recuperado a tempo. Daquela, as catro embarcacións da última quenda vogaron en solitario.

Daquela, e coa vitoria da Bou Bizkaia, os pupilos de Iker Zabala acadan os 161 puntos frente os 157 de Hondarribia. Pola súa banda, a Torrekua II mantén a 3ª praza da clasificación xeral con 153 puntos e Orio Orialki é 4º con 139. Na parte baixa da xeral, Ares segue sen saír da última posición, e ten 44 puntos frente os 59 da Lekitarra, que ocupa posto de playoff. Por riba da Lekitarra situase a Itsasoko Ama - Sotera con 62 puntos e apenas tres por riba dos postos de playoff. 8º e 9º son Ondarroa e Cabo, respectivamente, con 69 puntos. 

Orio Orialki colle vantaxe na 1ª xornada
Orio Orialki venceu na 1ª xornada da XIV Zarauzko Ikurriña con 10 segundos sobre Donostia Arraun Lagunak e na regata de mañá pola mañá partirá con vantaxe para sumar unha nova bandeira. As de Patxi Francés dominaron a regata do principio ao final, acadando a ceavoga con cinco segundos de renda sobre as donostiarras e rematando a regata con máis de tres embarcacións de vantaxe. Con esta vitoria, a San Nikolas chega aos 50 puntos nunha liga que xa conquistou a fin de semana pasada. Pola súa banda, Donostia Arraun Lagunak conta con 41 puntos.

Por detrás, Tolosaldea superou a Nortindal Donostiarra Ur Kirolak na primeira xornada de Zarautz e colócase a un punto na xeral. A Torrekua conta con 20 puntos frente os 19 de Tolosaldea. A última da Liga Eusko terá que desputar o playoff na procura dunha praza na Liga EuskoTren do vindeiro ano.
 

Voltar