ACT TV 2017

ESPECIAL

30 Xul 2017

Urdaibai Avia volta ao sendeiro do triunfo

Urdaibai Avia volta ao sendeiro do triunfo Urdaibai Avia volta ao sendeiro do triunfo

A ‘Bou Bizkaia’ leva a XXXIV Bandeira Petronor en augas de Zierbena e afiánzase no liderado da Eusko Label Liga

Grandísima regata a que se viviu este mediodía en Zierbena, onde a vitoria final foi para Urdaibai Avia. Os ‘txos’ estabeleceron o mellor tempo da xornada con 19’35”74. Deste xeito, a ‘Bou Bizkaia’ chega aos 111 puntos, con 3 de vantaxe sobre Hondarribia. Pola súa banda, Ioseba Amunarriz mantén o Maillote Branco CaixaBank ao Mellor Patrón con 15 puntos no alto da clasificación.

Até chegar á terceira manobra, a quenda de honra convertírase nunha caza dos cuatro galos ao tempo marcado por Zierbena Bahías de Bizkaia na segunda quenda. A partir dese momento, a ‘Bou Bizkaia’ colouse na primeira posición e marcou o mellor tempo final con 19’35”74, adiantando en 3”74 a Hondarribia. Kaiku Producha foi cuarto o día de hoxe con 19’45”44 e Orio Babyauto pechou a quenda, conseguindo a quinta praza, a 10”76 dos vencedores.

Zierbena Bahías de Bizkaia deu un gran espectáculo frente o seu público liderando de comezo a fin a súa quenda, sen dar ningunha opción aos seus rivais. O tempo final dos ‘galipo’ foi de 19’42”90, valéndolles a terceira posición. Tirán Pereira, por 28 centésimas arrebatoulle a sexta praza a San Juan Sumelec, que foi sétimo, e San Pedro rematou en décima posición con un rexistro final de 20’11”10.

Ondarroa Cikautxo cuallou nunha grande xornada ao venceren na primeira quenda con 20’08”72, o que lle deu a oitava praza. Cabo foi noveno con 20’10”28 e Astillero rematou a regata en onceava posición con 20’21”26. Ares pechou a clasificación de hoxe a 47”20 da primeira praza.

Golpe de San Juan Iberdrola

As ‘Batelerak’ de San Juan Iberdrola levaron hoxe a II Bandeira Petronor, e en consecuencia adiantan en 4 puntos a Hibaika Jamones Ancín, con un rexistro de 10’41”20, con 5”08 de vantaxe sobre a ‘Madalen’. Orio Babyauto foi terceira con 10’55”24 e Arraun Lagunak pechou a quenda con 11’08”.

Parón até Hondarribia

A Eusko Label Liga, tras cinco fins de semana consecutivos de competición, fará un alto no camiño até o vindeiro 12 e 13 de agosto cando a competición voltará coa desputa da Hondarribiko XXX. Bandera - GP Mapfre o sábado na localidade guipuscoana e a XXXIII. Ondarroako Bandera - Cikautxo Sari Nagusia no domingo.

Voltar