ACT TV 2014

ENTREVISTAS

05 Xul 2014

Urdaibai Avia vence na II Bandeira Nauta Sanxenxo

Urdaibai Avia vence na II Bandeira Nauta Sanxenxo

A ‘Bou Bizkaia’ endosa cinco segundos de diferenza ao líder da Liga San Miguel, Orio Babyauto, e 14 segundos a Hondarribia Orsa

A Liga San Miguel disputou esta tarde en augas galegas a II Bandeira Nauta de Saxenxo, correspondente á segunda xornada da competición, e cuxa vitoria foi parar a mans de Urdaibai Avia tras unha loita moi pechada frente a Orio Babyauto. E é que o tempo marcado pola ‘Bou Bizkaia’ na primeira quenda, con unha marca de 20’54’’49, foi imposíbel de superar polo resto de tripulacións, ficando a ‘San Nikolas’ oriotarra a pouco máis de cinco segundos e a ‘Ama Guadalupekoa’ de Hondarribia Orsa a 14 segundos.

O campo de regatas que presentou Sanxenxo para esta ocasión era propicio para aquelas embarcacións que saben desenvolverse ben en situacións adversas, como xa ocorreu en Barcelona. Desta vez, o forte vento que foi en aumento conforme pasaban os minutos, foi o grande condicionante da proba. E disto soubo tirar rendemento a ‘Bou Bizkaia’ de Urdaibai Avia, que desde os primeiros compases da súa quenda soubo distanciarse dos seus rivais, parando o cronómetros nas balizas de chegada en 20’54’’49 , que finalmente valeríalle para facerse coa vitoria. Nesa mesma quenda, Zierbena Bahías de Bizkaia soubo resarcirse do mal sabor de boca do inicio na Cidade Condal, marcando un tempo de 21’36’’59 o que lle valeu para levar o quinto posto da regata. A ‘Libia’ de San Pedro Ecolmare, que pouco antes de embarcar tivo que facer frente a unha baixa importante como a de Iñaki Arrieta debido a unha caída, clasificouse en noveno lugar a 59 segundos do gañador, mentres que Pedreña pechou a clasificación con un tempo de 22’41’’77. Cómpre sinalar que os da ‘Cantabria’ voltaron ter moi mala sorte xa que, desta vez, na segunda maniobra o proeiro caíu á auga.

Na segunda quenda o vento quixo coller aínda máis protagonismo, chegando a coller rachas de 25 quilómetros por hora. A tripulación que mellor rendemento soubo tirar a esta situación foi San Juan Iberdrola, que indo de menos a máis e remando moi ben na onda, impúxose con un tempo de 21’44’’82 nunha loita moi axustada frente a Cabo, ao que finalmente avantaxou en nove segundos. Estas dúas tripulacións ocuparon o sétimo e oitavo posto da regata. Completaron esta quenda, Astillero, con un tempo de 22’15’’10, ficando en décima posición, e Portugalete Eulen, undécimo, con 22’41’’77.

Na quenda de honra vivíronse os momentos máis emocionantes, con Orio Babyauto, Hondarribia Orsa e Kaiku Ambilamp loitando por se facer coa quenda. Finalmente a vitoria caíu do lado amarelo, que loitou sobre as ondas para conquistar tamén a súa segunda bandeira. Cinco segundos privaron desta honra aos oriotarras, mentres que Hondarribia Orsa ficou a 14 segundos, levando o terceiro posto. A ‘Bizkaitarra’ de Kaiku Ambilamp parou o crono en 21’12’’68, sendo desta xeito cuarto, e Tirán Pereira foi sexto a 43 segundos.

Mañá, en Bueu

A Liga San Miguel non descansa e continúa co seu calendario de regatas. Mañá, a partir das 12.00 horas, a competición trasládase até Bueu onde disputará a Bandeira Concello de Bueu e cuxas quendas estarán compostas da seguinte maneira. Na primeira vogarán Pedreña, Portugalete Eulen, Astillero e San Pedro Ecolmare; na segunda, Cabo, San Juan Iberdrola, Tirán Pereira e Zierbena Bahías de Bizkaia; mentres que na quenda de honra estarán Kaiku Ambilamp, Hondarribia Orsa, Orio Babyauto e Urdaibai Avia.
 

Voltar