ACT TV 2017

ESPECIAL

27 Ago 2017

Urdaibai Avia reafirma posicións en Boiro

Urdaibai Avia reafirma posicións en Boiro

Despois dos catro puntos perdidos nas dúas regatas con respecto os hondarribiarras, a ‘Bou Bizkaia’ recupera hoxe un punto que pode valer unha Coroa

Urdaibai Avia recupera parte da vantaxe perdida onte frente Hondarribia con unha vitoria de poder na XXVII Bandeira Concello de Boiro, na que se impuxo con un tempo de 19’03”96. Deste xeito, a diferenza entre ambos equipos fíxase nos tres puntos a falta das dúas últimas xornadas. Ioseba Amunarriz segue a liderar a clasificación CaixaBank ao Mellor Patrón con 15 puntos, seguido de Iñigo Larrinaga, con 11.

Urdaibai Avia dominou do principio ao fin a quenda de honra e conseguiu a vitoria con un tempo de 19’03”96, seguido por Hondarribia, que foi segunda a 9”40 dos ‘txos’. Kaiku Producha obtivo a terceira posición con 19’16”64 e Orio Babyauto foi sexto con 19’32”72.

Zierbena Bahías de Bizkaia voltou conseguir a vitoria na segunda quenda con un tempo de 19’29”16 valéndolle a cuarta praza. San Juan fixo unha boa regata conseguindo a quinta posición con 19’32”54 mentres que Tirán Pereira foi noveno con 19’35”44. Ondarroa Cikautxo pechou a segunda quenda coa décima posición a 31”52 da ‘Bou Bizkaia’.

Cabo ofreceu á súa afección unha grande regata na que mantivo unha axustada loita con San Pedro e conseguiu imporse nas últimas padas. A vitoria foi finalmente para os de Boiro con un tempo de 19’33”18, o que lles valeu a sexta posición. A ‘Libia’ entrou a 2”26 sendo oitavos. Astillero foi onceavo hoxe con 19’52”98 e Ares pechou a súa quenda e a clasificación a 1’08”18 dos vencedores.

Parada para a Concha

A Eusko Label Liga terá agora unha parada de dúas semanas pola desputa da regata da Concha. A competición voltará o vindeiro 16 e 17 de setembro coa desputa das dúas últimas xornadas en Bermeo e Portugalete respectivamente.
 

Voltar