ACT TV 2018

ESPECIAL

16 Set 2018

Urdaibai Avia coroa a Eusko Label Liga

Urdaibai Avia coroa a Eusko Label Liga Urdaibai Avia coroa a Eusko Label Liga

A Bou Bizkaia ergue a Coroa CaixaBank nunha xornada na que a Bandeira foi para GO Fit Hondarribia  e ascenderon Lekittarra Elecnor,  San José XV Astillero e Donostiarra

Urdaibai Avia acadou hoxe a súa sétima Coroa CaixaBank logo da desputa da XLVIII GP – XLIV Bandeira El Corte Inglés celebrada en Portugalete na que se impuxo GO fit Hondarribia. Os de Joseba Fernández fanse así co seu terceiro título consecutivo da Eusko Label Liga e seguen a escribir unha páxina para a historia. A xornada de hoxe tamén nos deixou os ascensos á Eusko Label Liga de Lekittara Elecnor e San José XV Astillero,  e de Donostiarra, á Liga Euskotren; e polo tanto o adeus á elite do remo de San Juan Sumelec e Hondarribia Bertako Igogailuak.

Pero a bandeira de hoxe foi para GO fit Hondarribia. A Ama Guadalupekoa dominou a súa quenda polo carreiro dous do inicio ao fin. Logo do mal sabor de boca de onte, os de Mikel Orbañanos quixeron dicir adeus ao curso do mellor xeito e conseguírono. Os verdes chegaron á meta con sete segundos de vantaxe sobre Orio Babyauto, que pechou unha brillante fin de semana. Terceira rematou Zierbena Bahías de Bizkaia e pechou a quenda Urdaibai. O campión marcou o quinto mellor tempo do día.

Cabo dende a primeira quenda dixo adeus á tempada cunha cuarta praza na regata de hoxe. Os de Beni Silva foron de menos a máis na proba e cun bo sprint final marcaron o cuarto mellor tempo do día. Os de Boiro tiveron a Santurtzi Iberdrola como máximo rival na quenda. A sotera chegou á meta a seis segundos de Cabo. Terceira foi Donostiarra e pechou a quenda Ondarroa Cikautxo.

Deste xeito,  Urdaibai Avia rematou a tempada en primeiro lugar con 209 puntos, 12 máis que GO fit Hondarribia e 23 máis que Zierbena Bahías de Bizkaia.

Cómpre mención especial no día de hoxe para Ander Etxegoien, que recibiu o premio ao Mellor Patrón CaixaBank. A Libia non remaba pero estivo presente en Portugalete para facer chegar o seu patrón ao barco VIP para recibir o galardón.

Lekittara Elecnor e San José XV Astillero, son da Eusko Label Liga…

O playoff da Eusko Label Liga deixounos unha apaixonantísima regata en modalidade de contra o reloxo. Os cántabros foron os máis rápidos no día de hoxe, pero tras seren cuartos, tiñan posta a ollada nos seus rivais. Ares, Lekittarra Elecnor e Samertolameu Oversea marcaron tempos moi semellantes nas ceavogas, os de Osertz Alday abriron oco de popare e finalmente realizaron o segundo mellor tempo do día. Dous segundos máis lenta foi a embarcación de Meira, cuarta foi Ares e pechou a clasificación San Juan Sumelec. 

A suma dos puntos das dúas xornadas deu unha praza na elite para Lekittarra Elecnor, pero para outorgar a segunda tivo que se recorrer á suma dos tempos das dúas xornadas. Finalmente, San José XV Astillero contaba cun tempo 44 centésimas máis rápido que o de Samertolameu Oversea, polo que serán os cántabros os que completen a Eusko Label Liga o ano que vén. Polo contrario, San Juan Sumelec perdeu a categoría na elite do remo ao non conseguiren praza no playoff.

…E Donostiarra da Liga Euskotren

Antes do comezo da regata os xuíces recuperaron a sanción de 10 segundos que se lle aplicou onte nun comezo a Hondarribia Bertako Igogailuak, polo que a Ama Guadalupekoa tíñao moi difícil para manter a súa praza na elite. Na auga, a Donostiarra amosouse de novo intratábel hoxe, e se as verdes perdían 7 segundos na baliza, finalmente foron 15 os segundos que separaron as dúas embarcacións. Polo tanto, as de Iñaki Mendizabal remarán o vindeiro ano na elite do remo e as de Iker Cortés terán que o facer na Liga ETE.

Unha magnífica e emocionante xornada de remo en augas de Portugalete que puxo a guinda a unha apaixonante tempada. A Eusko Label Liga voltará ás augas o vindeiro ano. Deica logo!

Voltar