Novas

ESPECIAL

04 Abr 2020

Unha viaxe de tres meses

Unha viaxe de tres meses

A Eusko Label Liga e a Liga Euskotren xa coñecen o seu calendario para a tempada 2020

Está a ser unha pretempada moi complicada para os clubs da Eusko Label Liga e da Euskotren Liga mais no horizonte xa se comezan a entrever a chegada das competicións estivais que voltarán pór en xogo a Coroa CaixaBank e o Trofeo Euskotren.

A tempada comezará o 28 de xuño coa desputa da VIII Bandeira CaixaBank nun campo de regatas aínda por determinar. Unha bandeira que chega á súa oitava edición e daranos a primeira pelexa na auga entre os 12 mellores clubs do cantábrico.  Así que sexa superado este primeiro asalto, a caravana da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren visitarán a Enseada do Orzán para o que se iu nun dos encontros sinalados en vermello no calendario tanto polos clubs como pola afección. A dobre xornada da IV Bandeira Cidade da Coruña desputarase no fin de semana do 4 e 5 de xullo na capital coruñesa.

A competición chegará a augas guipuscoanas e biscaínas cando o 11 e 12 de xullo se poñan en xogo a XIII Bandeira Donostiarra Kaiarriba e a XXXVII Bandeira Petronor en Zierbena. O 18 de xullo será a vez dunha das bandeiras máis clásicas do calendario estival, a Getxoko Estropaden XLII. Ikurriña - J.A. Agirre Lehendakariaren XVI. Omenaldia. Ese mesmo domingo 19, a competición chegará aos dominios do club campión da Eusko Label Liga e da Euskotren Liga ao se desputaren as Orioko XXX. Estropadak. Xullo rematará coa visita dos 16 clubs á capital biscaína coa XI Bandeira de Bilbao o 25 de xuño e a XXXV El Correo Ikurriña en Lekeitio o día 26.

Logo dunha fin de semana de paro pola desputa do Campionato de España de Traiñeiras, as dúas competicións voltarán no 8 e 9 de agosto coa Hondarribiko XXXIII. Bandera e a XXXVI. Ondarroako Bandera. O 15 e 16 de agosto chegará un dos momentos especiais da tempada coa desputa da dobre xornada da XLIII. Zarauzko Estropadak, onde se porá punto final á Euskotren Liga e se coroará o equipo campión da competición feminina.

Santurtzi e Portugalete acollerán na fin de semana do 23 e 24 a desputa da Santurtziko XLI. Ikurriña e a XIX Bandeira Concello de Sestao, respectivamente. Agosto rematará coa segunda fin de semana galega coa XIII Bandeira Concello de Ares o día 29, na que a caravana da Eusko Label Liga chegará por segunda vez á casa do recén ascendido, logo da primeira edición do 2017, e a XXX Bandeira Concello de Boiro o día 30.

Logo da desputa da Bandeira da Concha as dúas primeiras fins de semana de setembro, a Eusko Label Liga voltará á escena para dar o colofón final á tempada de verán de traiñeiras. A Bermeo Hiriko XXXVIII. Bandera e a XLVI Bandeira El Corte Inglés pecharán a tempada nos días 19 e 20 de setembro, onde se entregará, máis unha vez, a Coroa CaixaBank ao campión.

Voltar