Novas 2020

ESPECIAL

17 Ago 2020

Unha tempada de soños

Unha tempada de soños

Orio Arraunketa Elkartea coróanse por segunda vez consecutiva como campioas da Liga Euskotren vencendo tamén na Zarauzko XII. Ikurriña

Coa desputa da Zarauzko Ikurriña, remata unha nova edición da Liga Euskotren, a décimo segunda, na que Orio Arraunketa Elkartea se proclamou campioa por segunda vez. As ‘aguiluchas’ completaron unha tempada dun altísimo nivel conseguindo a vitoria en 10 das 12 xornadas desputadas na elite do remo feminino.

A tempada para a ‘San Nikolas’ comezou como rematou a anterior, con vitoria. Orio Arraunketa Elkartea levou a primeira bandeira da tempada en augas galegas, vencendo na dobre xornada da II Bandeira Cidade da Coruña. Sen perderen ritmo, as adestradas por Santi Zabaleta tamén se fixeron coa V Bandeira CaixaBank en augas da baía da Concha donostiarra, cunha vantaxe de 4” sobre Donostia Arraun Lagunak.

Donostiarra Lacturale arrebatoulle a vitoria ás oriotarras na IV Bandeira Petronor, que tiveron que se conformaren coa segunda posición. En Getxo, Orio voltou á senda da vitoria levando a Getxoko XII. Ikurriña, mais ese mesmo domingo non puido redondar a fin de semana coa vitoria diante da súa afección na Orioko XIX. Emakume Estropadak, onde lograron a segunda praza.

Dende entón, as guipuscoanas contaron as súas regatas por vitorias, conseguindo facendo dupla na fin de semana de Bilbao e Lekeitio, e repetindo dobre vitoria tamén na fin de semana das regatas de Hondarribia e Ondarroa. As ‘aguiluchas’ pecharon esta Liga Euskotren 2020 a venceren nun dos encontros máis prestixiosos da tempada, a dobre xornada da Zarauzko XII. Ikurriña, levando ademais a vitoria nas dúas xornadas zarauztarras.

Deste xeito as oriotarras colleitaron un total de 46 puntos, o que lles serviu para revalidaren o Trofeo Euskotren e o maillote CaixaBank de líder. Para lle pór a guinda a esta marabillosa tempada para elas, Nadeth Agirre revalidou tamén o título de Mellor Patroa da Liga Euskotren con 21 puntos, por diante de Natalia Tubio, da Donostiarra Lacturale, con 19.

Voltar