ACT TV 2016

ESPECIAL

14 Ago 2016

Unha historia cor de rosa

Unha historia cor de rosa

A localidade pasaiarra bótase á rúa e vístese de rosa para recibir as ‘Batelerak’ de San Juan Iberdrola, novas campioas da Liga Euskotren

San Juan voltou botarse á rúa para recibir ás súas ‘Batelerak’. E o fito non é para menos. As preparadas por Juan Mari Etxabe, tras gañaren seis dos oito encontros da Liga Euskotren, convertéronse esta mañá en augas zarauztarras nas raíñas da Liga Euskotren por terceiro ano consecutivo. Isto significa que a Coroa Euskotren, por primeira vez na historia, fica en propiedade dun club, que neste caso é o de San Juan Iberdrola.

As protagonistas entraron na localidade sanjuandarra engalanadas co maillot de CaixaBank que as acredita como vixentes campioas, ademais de luciren a Zarauzko Ikurriña e, por suposto, a Coroa Euskotren. Galardóns que brindaron aos centos de sanjuandarras que se citaron ao pé do Concello. Unha xornada histórica que, sen dúbida, ficará gardada nos anais da historia do mundo do remo.

Parabéns 'Batelerak'!!!

Voltar