ACT TV 2016

18 Dec 2016

Unha festa para despedir o ano

Unha festa para despedir o ano Unha festa para despedir o ano

A embarcación da ACT leva a Bandeira con un tempo de 5'59", mentres que a traiñeira da Prensa fica con unha marca de 6'05"

Notábase a tensión no ambiente. Non era para menos, as dúas embarcacións chegaban a esta nova edición empatadas a vitorias e ninguén quería ceder tras un duro ano de preparación. Por terceiro ano consecutivo, Pasaia foi testemuña dun novo desafío entre os directivos e traballadores da ACT, frente á prensa que habitualmente cubre a Liga San Miguel e a Liga Euskotren. Unha xornada que tivo o seu centro neurálxico nas instalacións de  San Juan Iberdrola, onde as dúas traiñeiras embarcaron tras pasaren o rigoroso control por parte dos árbitros.

Unha vez realizado o quentamento, e tras realizarse o sorteo de carreiros con Pedro Andueza, delegado da traiñeira da ACT, e Manu Maritxalar, delegado da traiñeira da Prensa, ás 11.00 horas procedeuse a dar a saída do III Desafío Prensa vs ACT. Nas primeiras padas ningunha das dúas embarcacións puido destacarse sobre a outra, aínda que a embarcación da ACT intentou nos primeiros compases ensinar a proa, non foi até ben entrada a metade da regata cando conseguiu abrir un oco. A embarcación de Prensa chegaba lastrada con baixas importantes con respecto ao último encontro e, nesta ocasión, non foi capaz de facer frente a unha embarcación de ACT que se mostrou moi compacta durante todo o percorrido. Unha embarcación, que conseguiu parar o crono en 5’59”, o que lle vale para romper o empate e voltar porse á cabeza. A embarcación gañadora estivo composta por Eugenio Fernández, Julio Alberto Rañales, Óscar García, Jokin Amilibia, Pedro Olmedillo, Juan Mari Etxabe, Anjel Etxaniz, Jokin Arrasate, Ander Iurrita, June Mikeo, Joserra Barbazán, Ainhara Plazaola, Nagore Claramunt e Beñat Bamio.

Pola súa banda, a embarcación da prensa, que estivo dirixida por Ander Egaña, parou o tempo en 6’05”, e foi defendida por Xabier Martínez, Jokin Victoria de Lecea, Alfonso Herrán, Oskar Ortíz de Guinea, Aitor Manterola, Xabier Larrañaga, Beñat Miranda, Xabi Zubiri, Sebastián Gallego, además de los remeros de San Juan IberdrolaMikel Alfaro, Gari Sagarzazu, Ion Arbona e Imanol Arregi.

A xornada concluiu con un xantar no propio club de San Juan Iberdrola, que colaborou con toda a estrutura da regata e cedeu o seu material e instalacións, e no que o presidente da ACT, Pedro Andueza, aproveitou para desexar a todos os presentes un bo Nadal e bo comezo de 2017.

1- Prensa: 1'28" - 2'59" - 4'23" - 6'05"

2- ACT: 1'25" - 2'53" - 4'20" - 5'59"

Voltar