Novas 2010

COMPETICION

09 Xul 2010

UNHA CHEA DE VISITAS NA PÁXINA WEB DA LIGA SAN MIGUEL

UNHA CHEA DE VISITAS NA PÁXINA WEB DA LIGA SAN MIGUEL

A web www.ligasanmiguel.com foi visitada na primeira fin de semana da competición por 10.000 usuarios distintos, que consultaron 60.000 páxinas diferentes da mencionada web. As ligazóns máis solicitadas foron resultados, calendario, e as páxinas dos clubs Castro, Orio e Urdaibai. A ACT quere amosar a súa satisfacción pola grande acollida que está a ter a competición na rede.

Todo disposto para a II. Edición da Liga Euskotren

Comezará en Pedreña, terá 8 regatas, e participarán as seleccións de Bizkaia, Cantabria, Galiza e Gipuzkoa.

Pedreña acollerá o comezo da segunda edición da Liga Feminina, a Liga Euskotren. A Liga constará de 8 regatas, e rematará coa dobre xornada de Zarautz, o 14 e 15 de agosto. Participarán as seleccións de Bizkaia, Cantabria, Gipuzkoa e a vixente campioa Galiza. A regata de Pedreña comezará ás 15.30 horas.

É a segunda tempada que Euskotren apoia a liga feminina de traíñas. Non será a última, xa que a compañía líder de transporte de Euskadi patrocinará a Liga Feminina polo menos unha tempada máis.

Ración de Bonito do norte e pemento a 1,5€ -

Este ano, os afeccionados ás regatas poderán desfrutar dun dos mellores manxares do Cantábrico: Bonito do Norte. Seguindo coas dúas anteriores campañas e por xentileza de Euskolabel, os afeccionados degustarán nas 18 xornadas da Liga San Miguel o mellor bonito do Norte e pementos de Gernika por só 1,5€.

Voltar