Novas 2016

ESPECIAL

06 Xu˜ 2016

Unai imprime ritmo á #PlaylistDeXuño

Unai imprime ritmo á #PlaylistDeXuño

O patrón de Zumaia, Unai Osa, realiza unha playlist na que prevalece a musica electrónica na volta da 'Telmo Deun' á Liga San Miguel

Chega o mes de xuño e unha nova playlist asoma coa chegada da Liga San Miguel. Esta vez o autor da #PlaylistDeXuño é o patrón de Zumaia, Unai Osa, que nos leva a gozar da música electrónica entre outros xéneros. O de Zumaia insire na súa listaxe de reprodución cancións como "Summer" de Calvin Harris ou "Wake me up" de Avicii.

Ademais da música electrónica, podemos atopar cancións como "Behar zaitut" e "Agortu dira hitzak" do grupo vasco Hesian. Kaotiko co tema "Paranoia", tamén ten o seu oco no apartado rockeiro de Unai Osa. Porén, non é todo música enérxica, o patrón deixa un espazo para as baladas "Hello" e "Someone like you" de Adele.

Por último, o patrón da 'Telmo Deun' culmina a #PlaylistDeJuño coa canción que, precisamente, fai mención á traiñeira que é participe. E non é outro que a canción "Telmo Deun" de Pirritx, Porrotx e Marimotots. Goza da música que o remeiro de Zumaia escoita nos seus tempos libres!

Voltar