Novas 2020

ESPECIAL

01 Xul 2020

Un verán distinto

Un verán distinto

Sigue este verán as regatas da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren na TVG e ETB

A Liga Eusko Label e a Liga Euskotren xa están a piques de comezar coas dúas primeiras xornadas do calendario estival nesta mesma fin de semana. Por causa dos efectos xerados pola pandemia da COVID-19, este ano non poderemos contar cos miles e miles de afeccionados que vos achegades ver a regata nos peiraos, praias e espigóns para lle dar todo o cariño e o apoio aos 16 equipos que participan nestas dúas competicións.

Mais isto non quere dicir que non vaias poder gozar das regatas este verán. Tanto a TVG e a ETB, como nós a través das nosas redes sociais, faremos todo o que estea nas nosas mans para tentarmos transmitir toda a emoción do campo de regatas até onde esteas.

Durante este verán poderás seguir as regatas de tres xeitos diferentes:

- TELEVISIÓN: ETB 1 e TVG 2 retransmitirán ao vivo as 18 probas do calendario da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren. Comezando ás 17:30 horas os sábado e ás 11:30 horas os domingos, poderás gozar da emoción das regatas dende un punto de vista privilexiado.

- INTERNET: Esteas onde esteas, e apenas cun móbil, computador ou tablet poderás acceder á retransmisión televisiva a través da páxina eitb.eus.

- REDES SOCIAIS: A ACT, nas nosas redes sociais de Facebook, Twitter, Instagram e Youtube, voltaremos informar esta tempada de todas as novidades que vaian xurdindo na Liga Eusko Label e na Liga Euskotren.

Voltar