Novas 2019

ESPECIAL

29 Xul 2019

Un abano de vencedores

Un abano de vencedores

Cinco embarcacións diferentes obtiveron a vitoria na actual edición da Eusko Label Liga

Coa metade da Eusko Label Liga desputada, está claro que estamos ante unha das tempadas máis abertas e máis incertas dos últimos anos. E é que cada regata preséntase como un auténtico enigma en canto a quen pode saír vencedor da mesma. Cada regata é unha batalla, e non son poucos os clubs que se animan a participar nestas batallas.

Con 12 xornadas desputadas até o momento, xa son cinco os clubs que estrearon o seu taboleiro nesta temporada. Orio Babyauto, líder da Eusko Label Liga, encabeza este grupo con cinco vitorias de seu: X Bandeira de Bilbao, XXVI Bandeira Petronor – Zierbena, III Bandeira Cidade da Coruña (J1 e bandeira), XII Bandeira Donostiarra Kaiarriba – Amenabar e a Santurtziko XL. Ikurriña obtida este mesmo sábado. GO fit Hondarribia conta con tres vitorias na actual tempada: Bandeira Repsol Electricidad y Gas, III Bandeira Cidade da Coruña (J2) e Orioko XXIX. Estropadak – VII. Orio Kanpina Bandera. Pola súa banda, Santurtzi Iberdrola, que coa XXXIV El Correo Ikurriña – BBK Sari Nagusia estreou o seu taboleiro na elite do remo, sumou unha nova vitoria na XVIII Bandeira Concello de Sestao no pasado 21 de xullo. Zierbena Bahías de Bizkaia, outro dos ‘galos’ na Eusko Label Liga, venceu na VII Bandeira CaixaBank deputada en Castro Urdiales, sumando así a terceira vitoria ‘galipa’ nas tres últimas edicións da loita pola Coroa CaixaBank. A este selecto grupo de vencedores uníuselles este pasado domingo un novo integrante.

Donostiarra levou, realizando unha grandísima regata na segunda quenda, a Getxoko Estropaden XLI. Ikurriña – J.A. Agirre Lehendakariaren XV. Omenaldia, que marca xa un fito na historia deste novo club donostiarra. O 28 de xullo será lembrado por remeiros, directivos e afeccionados do club como o día no que gañaron a primeira bandeira na Eusko Label Liga.

É certo que non é a tempada na que máis clubs obtiveron a vitoria na competición. No 2010, até sete embarcacións (Astillero Repsol Electricidad y Gas, Castreña, GO fit Hondarribia, Orio Babyauto, Pedreña, San Juan e Urdaibai Avia) conseguiron imporse nunha regata da Eusko Label Liga, e houbo varios anos nos que se igualou a cifra de cinco clubs vencedores (2003, 2006, 2007, 2013, 2017 e 2018).

Mais case na metade da tempada e aínda con 8 trepidantes xornadas por se desputar, quen sabe si algún club máis se animará á contenda polas bandeiras. Cómpre salientar que Urdaibai Avia, actual campión da competición e vencedor de regata en 13 das 16 edicións da Eusko Label Liga desputadas até hoxe, aínda non estreou o seu taboleiro esta tempada. Poderá o equipo de Joseba Fernandez sumarse a este grupo? Saberémolo en breve.

Voltar