Novas 2011

COMPETICION

19 Out 2011

TROFEO MAPFRE MEJOR PATRÓN 2011

TROFEO MAPFRE MEJOR PATRÓN 2011

Trofeo Mapfre ao Mellor Patrón para Asier Zurinaga.

Este mércores 19 de outubro ás 20h00 na Sociedade Ondartza de Zarautz, celebrouse o acto de entrega do Trofeo Mapfre ao Mellor Patrón da tempada 2011. O Sr. Aitor Carrillo, patrón de Orio Amenabar, devolveu o trofeo que o acreditaba como Mellor Patrón da anterior tempada 2010 e recibiu unha réplica da man de Enrique Cid en representación de Mapfre. Posteriormente, o Sr. Cid fixo entrega dun cheque por un importe de 3.000€ e do trofeo Mapfre ao Mellor Patrón da presente tempada 2011 ao Sr. Asier Zurinaga patrón de Kaiku Ambilamp. Tamén estiveron presentes o Sr. Miguel Olague, Director de Mapfre Gipuzkoa, así como unha ampla representación de medios e patróns de outros clubs. O patrón kaikutarra obtivo un total de 31 puntos, 10 puntos máis que o segundo clasificado, Joseba Amunarriz de Hondarribia Orsa. A terceira posición foi para o duo formado por Gorka Aranberri e Lur UribarrenBorja con 15 puntos.

 

A elección do mellor patrón realízase do xeito máis obxectivo posíbel, para iso recóllense os seguintes datos a través do GPS:

 

1º Total de metros percorridos durante a quenda na que participan.

2º Tempo que tardan en efectuar as maniobras.

 

O primeiro punto indícanos cal é o patrón que percorre coa súa embarcación menos metros que os seus adversarios. O segundo punto amósanos o tempo que tarda en efectuar a virada. Para isto, dende aproximadamente 50 metros antes de entrar na baliza até 50 metros despois, rexístrase o tempo realizado neste treito. Este dato revela a velocidade coa que se entrou na ceavoga, o xeito de facela e a velocidade de saída.

 

Voltar