Novas 2014

ASOCIACION

28 Out 2014

Todos os controis anti-dopaxe resultaron negativos

Todos os controis anti-dopaxe resultaron negativos

Ao longo da tempada 2014 realizáronse un total de 114 controis antidopaxe, distribuídos en 49 controis en competición e 65 controis fóra de competición. 

Como vén ocorrendo dende a súa creación, a ACT desenvolveu durante a tempada 2014 un plano anti-dopaxe no seo da súa competición, sometendo aos participantes no evento a diversos controis antidopaxe para detectar calquera posíbel uso ou consumo de substancias e métodos prohibidos no deporte.

Ao longo da tempada 2014 realizáronse un total de 114 controis antidopaxe, distribuídos en 49 controis en competición e 65 controis fóra de competición. Nos controis anti-dopaxe levados a cabo teríanse realizado 25 controis anti-dopaxe específicos para a detección de EPO-rh, así como 12 controis anti-dopaxe realizados sobre mostras fisiolóxicas de sangue para a detección de CERA e Hemoglobinas Sintéticas.

Coas actuais técnicas analíticas de que dispón o laboratorio de control de dopaxe homologado, nas mostras analizadas, non se acreditou a presenza non xustificada de ningunha substancia ou método prohibido, ou os seus metabolitos ou marcadores, de entre os incluídos na listaxe de referencia.

Os controis de dopaxe programados pola ACT extendéronse -ademais de aos clubs socios de dita Asociación- aos participantes nas ligas ARC e LGT que aspiraban a facer parte no play-off de ascenso á máxima competición. Na tempada 2014 leváronse a cabo actuacións orientadas a comprobar o cumprimento da normativa específica e particular estabelecida no seo da ACT polo que o uso da vía parenteral (inxeccións de calquera tipo) atópase prohibido, incluíndo a súa aplicación para a administración de substancias non prohibidas incluídas na listaxe de dopantes.

Ademais do programa de controis de dopaxe levados a cabo pola ACT, dende a Asociación realizáronse xornadas formativas e de divulgación orientadas aos clubes deportivos socios  e os seus integrantes, sendo en 2014 levadas a cabo en colaboración coa AEPSAD – Axencia Española de Protección de Saúde do Deportista.

Consciente da importancia que ten no mundo do deporte na actualidade, é desexo e vontade da ACT, cos medios que poida destinar en vindeiros exercicios, continuar realizando un programa de control de dopaxe no seo das súas competicións.

Voltar