ACT TV 2014

CLUBS

16 Abr 2014

"Tentaremos ser un dos 'outsider'"

"Tentaremos ser un dos 'outsider'"

Joseba Fernández, técnico de San Juan Iberdrola, valora a xuventude do seu plantel e afirma que ésta faille ser "optimista de cara o futuro"

San Juan Iberdrola completará esta tempada a súa novena campaña na Liga San Miguel onde, malia as adversidades ás que tivo que facer frente, sempre atopou como lle dar a volta á situación e poder render a un óptimo nivel. "Conseguimos manter o bloque que tan bo gusto nos deixou o ano pasado e con vistas ao futuro déixanos ser optimistas", explica Joseba Fernández. Un equipo do cal o "90-95% provén da canteira" e do que salienta "a seriedade coa que traballa esta xeración nova, en construción, e na que o club ten depositada moitas esperanzas para o futuro".

Á hora de analizar a competición explica que "cada vez hai que acertar máis, o reto é maior mais tamén é máis atractivo". Tamén Joseba Fernández fixa como grande galo desta Liga San Miguel 2014 a Orio Babyauto. "Ten un potencial impresionante e fáiseme difícil pensar que Orio non vaia facer unha grande tempada. Canda eles están Hondarribia Orsa, Kaiku Ambilamp e Urdaibai que pelexarán aí", sinala o técnico de San Juan Iberdrola. "Nós agardamos estar nese grupo que procure meter a cabeza entre os favoritos nalgunha regata, pero hai moitos candidatos para ser ese 'outsider' e nós habemos tentalo. Aínda que tamén penso que aínda nos vai faltar un chanzo para chegar até os catro de cima", conclúe Fernández

Voltar