ACT TV 2017

ESPECIAL

09 Ago 2017

Tarde de festa en Hondarribia

Tarde de festa en Hondarribia

A localidade guipuscoana tinxirase o sábado de verde para acoller unha nova xornada da loita pola Coroa CaixaBank

O vindeiro sábado 12 de agosto terá lugar un dos encontros que non faltou en ningunha das edicións da Eusko Label Liga. A localidade guipuscoana acollerá a partir das 18.00 horas a Hondarribiko XXX. Bandera – GP Mapfre. As quendas da onceava xornada do calendario deseñaranse en base á clasificación xeral da loita pola Coroa CaixaBank, polo que na primeira quenda teremos a Astillero, Ares, San Pedro e Cabo; na segunda, porén, atopamos a Ondarroa Cikautxo, San Juan Sumelec, Tirán Pereira e Zierbena Bahías de Bizkaia; e na quenda de honra remarán Kaiku Producha, Orio Babyauto, Hondarribia e Urdaibai Avia.

Esta mañá celebrouse o acto de presentación desta Hondarribiko XXX. Bandera – GP Mapfre no consistorio hondarribiarra. Nel estiveron presentes Juan Mari Altuna, tenente de alcalde de Hondarribia; Joxemi Elduayen, presidente de Hondarribiako Arraun Elkartea; e Javier Lopetegui, Director Comercial de Mapfre en Gipuzkoa.

Dossier da regata
 

Voltar