ACT TV 2020

ESPECIAL

20 Ago 2020

Sestao pecha a fin de semana na ría

Sestao pecha a fin de semana na ría

A localidade biscaína acolle este domingo a décimo cuarta xornada da Liga Eusko Label

O domingo toca un dos encontros clásicos da tempada, a XIX Bandeira Concello de Sestao. Esta será a décimo cuarta xornada da tempada na Liga Eusko Label, polo que logo do remate, ficarán tres fins de semana de competición e apenas dúas de tempada regular.

Esta regata ten o mesmo campo de regatas que a Bandeira El Corte Inglés que pechará a tempada de remo. As 12 embarcacións pasarán catro veces por debaixo da Ponte Colgante, para completaren un percorrido de tres millas náuticas (5.556 metros) na ría do Nervión. As tres quendas da proba estarán divididas en base ao resultado final da regata desputada no sábado, a XLI. Santurtziko Ikurriña.

Voltar