ACT TV 2021

ENTREVISTAS

28 Ago 2021

Santurtzi T. y G. Aguado consegue a XIV Bandeira Concello de Ares e afiánzase no liderado

Santurtzi T. y G. Aguado consegue a XIV Bandeira Concello de Ares e afiánzase no liderado

A Sotera aumenta a renda con Go Fit Hondarribia a cinco puntos
 

Santurtzi Trasnportes y Grúas Aguado gañou a XIV Bandeira Concello de Ares por menos dun segundo respecto a Go Fit Hondarribia nun final de infarto, onde a Ama Guadalupekoa estivo case toda a regata ensinando a proa á Sotera. Con esta vitoria, a Sotera aumenta a diferenza na clasificación xeral da Liga EuskoLabel coa Ama Guadalupekoa a cinco puntos e mantense no liderado con 181 puntos frente os 176 de Hondarribia.

Por detrás, Donostiarra Amenabar continúa na terceira posición da táboa con 155 puntos tras os 10 puntos conseguidos na xornada de hoxe Zierbena Bahías de Bizkaia e Orio Orialki empatan na cuarta praza con  cadanseus 148 puntos. Porén, será a traiñeira biscaína quen reme mañá na quenda de honra polo número de vitorias que ten. Canda os aguiluchos remarán mañá na segunda quenda Bermeo Urdaibai Avia, Ondarroa Cikautxo e CR Cabo da Cruz, que hoxe foi cuarto, o seu mellor posto da tempada. Abrirán a xornada CR Ares, Lekittarra Elecnor, SD Tirán Pereira e Zarautz Gesalaga Okelan.

No referido á clasificación do Mellor Patrón CaixaBank, fica así:  
1.- Arkaitz Díaz (Donostiarra Amenabar) 20 puntos
2.- Gorka Aranberri (Santurtzi T. y G. Aguado) 16 puntos
3.- Félix Duarte (CR Cabo da Cruz) 12 puntos
 

Voltar