ACT TV 2019

30 Xu˜ 2019

Santurtzi Iberdrola súmase á festa

Santurtzi Iberdrola súmase á festa Santurtzi Iberdrola súmase á festa

A "Sotera" e Donostia Arraun Lagunak impóñense en augas de Lekeitio nunha xornada espectacular
 

Santurtzi Iberdrola levou a XXXIV El Correo Ikurriña - BBK Sari Nagusia e consegue a primeira bandeira na súa historia na Eusko Label Liga que se celebrou en Lekeitio, mentres na segunda xornada da Liga Euskotren, Donostia Arraun Lagunak levou a III El Correo - Kutxabank marcando un tempo de 10'52"06. Arkaitz Diaz, o patrón de Donostiarra, colócase líder de novo na clasificación do Mellor Patrón Caixabank. 

A "Sotera" impúxose na proa de regata dende o inicio e ceavoga tras ceavoga foi marcando o mellor rexistro do día até a meta. Remando tanto de branca como en popare, os de Iker Zabala foron os mellores da regata cun tempo de 19'39"64, e unha vantaxe de 14" sobre os da "San Nikolas". Go fit Hondarribia, pola súa banda, rematou na cuarta praza cedendo 27" respecto aos gañadores, e mentres Zierbena Bahías de Bizkaia ocupou a quinta posición marcando un tempo de 20'08"60.

Donostiarra, pola súa banda, dominou a segunda quenda dende o comezo e marcou un tempo de 20'01"82, remantando na cuarta posición. Cabo e Urdaibai Avia tiveron unha loita intensa durante a regata e despois da quenda final, os galegos lograron a segunda posición na segunda quenda cunha vantaxe de 86 centésimas sobre os bermeotarras. Ondarroa Cikautxo, pola súa banda, pechou a quenda cedendo 15" respecto a Donostiarra.

Kaiku cuallou unha grande xornada vencendo na primeira quenda con 20'14"84 e rematou na oitava posición. San Pedro, na súa vez, ocupou a segunda praza na quenda e cedeu 16" respecto á "Bizkaitarra", mentres Lekittarra Elecnor rematou na décimo primeira posición e Astillero Repsol Electricidad y Gas pechou a quenda a 35" con respecto aos gañadores da primeira quenda. 

Polo tanto Orio Babyauto continúa líder da clasificación xeral da Eusko Label Liga con 46 puntos e unha vantaxe de 7 puntos sobre Go fi Hondarribia. Santurtzi Iberdrola, pola súa banda, ocupa a terceira praza a 8 puntos dos da "San Nikolas".

Na loita polo maillote CaixaBank ao mellor patrón, os tres puntos de hoxe foron para Arkaitz Diaz de Donostiarra que se coloca líder outra vez, 2 puntos por diante de Iñaki Goikoetxea de Lekittarra Elecnor.

Vitoria para Donostia Arraun Lagunak 

Donostia Arraun Lagunak consegue a III El Correo - Kutxabank tras unha regata apertadísima. Na ceavoga Orio Babyauto avantaxaba en 4" ás donostiarras. Porén, Arraun Lagunak foi quen levou a bandeira tras un espectacular último longo. A 5 segundos chegou Orio Babyauto, mentres que Donostiarra acabou na terceira praza a 20" con respecto os gañadores. Hondarribia, pola súa banda, pechou a quenda cedendo 25 segundos. Deste xeito, Arraun Lagunak é o novo líder da Liga Euskotren empatando con Orio Babyauto a sete puntos. 

Por outro banda, Nadeth Agirre, a patroa de Orio Babyauto, segue líder na clasificación da Mellor Patroa cunha vantaxe de dous puntos sobre Nerea Perez de Hondarribia Bertako Igogailuak. 

A máxima competición do remo trasladarase a Galiza onde se desputara a dobre xornada da III Bandeira Cidade da Coruña e a II Bandeira Cidade da Coruña.

Voltar