Novas

COMPETICION

30 Xul 2021

Santurtzi dará a benvida a agosto

Santurtzi dará a benvida a agosto

O domingo, 1 de agosto, desputarase na ría a Santurtziko XLII. Ikurriña tanto da Liga Eusko Label como da Liga Euskotren

O primeiro mes de competición será pasado tanto para a Liga Eusko Label como para a Liga Euskotren logo da regata de Bilbao. O mes de xullo dará paso ao mes de agosto en augas de Santurtzi. O domingo, a partir das 11:40 horas comezará a décima xornada de ambas competicións, onde os de Iker Zabala defenderán o maillote de líder da Liga Eusko Label, tratando de conseguir a Santurtziko XLII. Ikurriña, presentada esta mañá. 

Na presentación das bandeiras desta mañá, celebrada na sede do Club de Remo Itsasoko Ama de Santurtzi, estiveron presentes Aintzane Urkijo, alcaldesa de Santurtzi e Carlos Insausti, presidente de Santurtzi Transportes y Gruas Aguado.

Tanto para a Liga Eusko Label, como para a Liga Euskotren, será unha regata especial. Unha regata, onde ambas competicións realizarán catro longos e tres ceavogas, pero no caso da competición masculina, os longos non terán a mesma distancia. 

Campo de regatas peculiar
As catro tripulacións da Liga Euskotren realizarán un traballo maior do que están afeitas. Comezarán nas balizas colocadas dentro do campo de regatas (frente as Piscinas de Portugalete) e remarán cara a Benedicta, onde atoparán as ceavogas (situadas nos remolcadores de Portugalete). Ese longo (832,03 metros) percorrerano catro veces, completando así unha distancia total de 3328,12, frente os 2.778 metros habituais.

No caso da regata masculina, a proba constará de catro longos e tres ceavogas, pero coa particularidade de que non todos os longos terán a mesma distancia. Logo de dar a saída, igual que para as tripulacións femininas, á altura das Piscinas de Portugalete, as traiñeiras buscarán as balizas situadas nos remolcadores de Portugalete (832,03 metros), para despois dirixírense cara as as balizas exteriores situadas na zona do ABRA do porto interior de Santurtzi (1.945,97 metros). Tras voltar de novo á zona dos remolcadores para daren a derradeira ceavoga (1.945,97 metros), as embarcacións enfiarán o último longo para chegaren á meta nas balizas situadas no mesmo lugar no que fixeron a saída (832,03 metros).

As quendas da regata masculina formaranse en base á Clasificación da última xornada desputada, a XII. Bilboko Bandera – Bandeira de Bilbao.
 

Voltar