Novas 2017

ESPECIAL

21 Xul 2017

Santander e Pasaia, seguintes paradas

Santander e Pasaia, seguintes paradas

A Liga Euskotren voltará esta fin de semana remar canda a Eusko Label Liga
 

Esta fin de semana, desputaranse a sétima e a oitava xornada da Eusko Label Liga, e a terceira e cuata da Liga Euskotren. O sábado, por primeira vez, a loita terá lugar en augas de Santander, a partir das 18.00 horas, con motivo da desputa da V Bandeira CaixaBank. O domingo, porén, o campo de regatas trasladarase a Pasaia, coa Bandeira Adegi. A regata comezará ás 12.00 do mediodía. Antes de pórense en xogo cada unha destas dúas xornadas, competirán as catro traiñeiras femininas clasificadas para a Liga Euskotren.

No que se refire á clasificación xeral da Eusko Label Liga, Urdaibai Avia, con 67 puntos, segue á cabeza. No segundo posto mantense Hondarribia, con 4 puntos de desvantaxe a respecto do líder da liga. O terceiro posto, con 59 puntos, é para o ‘San Nikolas’ de Orio Babyauto, e quen pecha a quenda de honra é Kaiku Producha con 46 puntos. Na parte media da clasificación posicionanse, respectivamente, Zierbena Bahías Bizkaia (37), Tirán Pereira (34), Ondarroa Cikautxo (33), e coa mesma cantidade de puntos (31), San Juan Sumelec e San Pedro. Na décima posición sitúase Cabo (27), e na onceava Ares (24). O último posto, e, polo tanto, quen pecha a clasificación da Eusko Label Liga 2017 é para Astillero. Pola súa banda, na Liga Euskotren, apenas haberá unha quenda, nela participarán Arraun Lagunak Donostia, Hibaika Jamones Ancín, Orio Babyauto e San Juan Iberdrola.

Ioseba Amunarriz (Hondarribia), con 8 puntos, mantén o liderado na Clasificación CaixaBank ao Mellor Patrón 2017. Con dous puntos de desvantaxe a respecto do líder está o patrón de Cabo, Oscar Hermo. Na terceira e cuarta posición, ambos con cadanseus cinco puntos, están, respectivamente, Iván Gómez (Astillero) e Iker Gimeno (Kaiku Producha). A clasificación continúa con, Gorka Aranberri (Orio Babyauto), Agustín Fernández (Ares), Daniel Garcia (Cabo), David Álvarez (Tirán Pereira) e Aitor Lazcano (Zierbena Bahías Bizkaia).

O sábado, a partir das 18.00 a Eusko Label Liga e a Liga Euskotren estrearanse en augas santanderinas, con motivo da V Bandeira CaixaBank e da II Bandeira CaixaBank feminina. En consecuencia, non dispoñemos de tempos comparábeis de anos anteriores. As regatas desputaranse en formato liña e as quendas irán definidas segundo a clasificación xeral da Eusko Label Liga. Daquela, sairán na primeira quenda: Astillero, Ares, Cabo e San Pedro; na segunda: San Juan Sumelec, Ondarroa Cikautxo, Tirán Pereira e Zierbena Bahías Bizkaia; e, por último, na quenda de honra: Kaiku Producha, Orio Babyauto, Hondarribia e Urdaibai Avia.

O encontro do domingo en Pasaia será especial, xa que é a única regata na que as tres millas náuticas están repartidas en seis longos. Daquela, as tripulacións terán que realizar cinco ceavogas o máis rápido posíbel, para así poderen conseguir a Bandeira Adegi. Este encontro inaugurouse no 2011, coa vitoria de Kaiku Producha parando o tempo en 19’36”34, con unha vantaxe de case 10 segundos sobre Astillero. Xa no 2012, a bandeira foi parar á popa de Hondarribia con 19’47”90, por diante de Kaiku Producha (+9”) e San Juan Sumelec (+11”). No 2013 o triunfo foi para Orio Babyauto con 19’54”16, deixando a Urdaibai Avia a 2”66 e a 5”08 a Hondarribia. Nos últimos tres anos, a bandeira ten ido a mans da ‘Ama Guadalupekoa’. No 2014 con 3”04 de renda frente Kaiku Producha, en 2015 con 2”04 ante Urdaibai Avia, a renda máis axustada até o día de hoxe, e no 2016, con 3”92, tamén, frente á ‘Bou Bizkaia’. Na Liga Euskotren, estará en xogo a Bandeira Deputación de Gipuzkoa. No 2013 a vitoria foi para Zumaia (11’10”), ao ano seguinte marchou para Hibaika Jamones Ancín (10’41”), no 2015 para San Juan Iberdrola (9’54”), e o ano pasado, por segunda vez, para Hibaika Jamones Ancín (10’45”).

Consulta o dossier de regata de V Bandera CaixaBank e o da Bandera Adegi

Voltar