Novas

ESPECIAL

11 Mar 2022

Reunión técnica entre o estamento arbitral e os clubs da ACT

Reunión técnica entre o estamento arbitral e os clubs da ACT

Compartirán cuestións ligadas co código de regatas da ACT

A Asociación de Clubs de Traiñeiras, no seu afán de seguir a progresar na mellora das súas competicións, a través do seu Comité Técnico organizará mañá unha reunión técnica entre os clubs participantes da Liga Eusko Label e Liga Euskotren, e o estamento arbitral. Dende a súa creación, é a primeira vez que a Asociación promove unha iniciativa como esta.

Neste encontro con certo carácter formativo, preténdese unificar criterios e que os patróns/as, e técnicos/as dos clubs participantes coñezan a interpretación arbitral sobre a normativa do Código de Regatas e que poidan á súa vez perguntar aos responsábeis do estamento arbitral calquera aspecto referente ás normativas que rexen ambas competicións. En especial, debatirán sobre aqueles aspectos máis recorrentes e que en ocasións en plena competición poden xerar maior controversia durante a tempada de traiñeiras.

Da Asociación considérase moi interesante e positivo este encontro impulsionado polo Comité Técnico da ACT, confiando en que satisfaga a todas as partes e supoña unha mellora de cara a competición.
 

Voltar