Novas 2020

ESPECIAL

21 Ago 2020

Restricións Santurtzi e Sestao

Restricións Santurtzi e Sestao

Para podermos garantir a saúde de deportistas e afección, recomendamos seguir as regatas pola televisión

Con motivo da disputa da Santurtziko XLI. Ikurriña o sábado en Santurtzi e da XIX. Bandeira Concello de Sestao en Sestao e Portugalete no domingo, por parte da organización de ambas regatas tomáronse medidas para garantir a saúde de deportistas e afección.

O sábado en Santurtzi acoutarase a zona de embarque das traiñeiras situado frente o club. Por outra banda, pecharase o acceso da rúa María Díaz de Haro na altura da Escola Náutica até a porta de acceso ás Piscinas de Portugalete.

O domingo, a zona do paddock de traiñeiras situado frente o Polideportivo da Benedicta estará acoutada, igual que a zona de gradas situada no Paseo de la Canilla de Portugalete.

Desculpen as molestias, e lembren que poden seguir as regatas ao vivo na TVG 2, ETB, radios e nas nosas redes sociais.

Voltar