Novas 2020

ESPECIAL

28 Ago 2020

Restriccións en Ares e Boiro

Restriccións en Ares e Boiro

Para podermos garantir a saúde de deportistas e afección, recomendamos seguir as regatas pola televisión

Con motivo da desputa da XIII Bandeira Concello de Ares o sábado en Trasancos e a XXX Bandeira Concello de Boiro no Barbanza o domingo, por parte da organización de ambas regatas tomáronse medidas para garantir a saúde de deportistas e afección.

O sábado en Ares o porto da localidade estará pechado para illar todos os deportistas e membros dos planteis, polo que non se poderá acceder nin ao paddock de traiñeiras nin á zona das gradas. Por outra banda, o club de remo pide á veciñanza de Ares que non acudan en barco a ver a regata para evitar aglomeracións no mar.

O domingo, sucederá o mesmo no porto de Cabo da Cruz, que estará pechado dende a Casa do Mar. Deste xeito, tanto a zona de embarque como as gradas estarán illadas.

Desculpen as molestias, e lembren que poden seguir as regatas ao vivo a través da TVG, ETB, radios e das nosas redes sociais.

Voltar