ACT TV 2015

ENTREVISTAS

22 Abr 2015

"Queremos facer algo grande"

"Queremos facer algo grande"

San Juan Iberdrola enfronta unha nova tempada da Liga San Miguel pensando en dar continuidade ao bo xeito co que remataron o ano pasado

Joseba Fernández enfía a súa cuarta tempada á frente de San Juan Iberdrola coa firme intención de continuar traballando duro co mesmo bloque dos últimos anos. O adestrador guipuscoano ten depositada moita confianza no seu grupo co que pretende “facer algo grande, mais sen renunciar nunca á súa filosofía”. Malia manter case a totalidade do plantel, o equipo pasaitarra tivo baixas e altas, como a chegada de Aitor Artetxe (Trintxerpe) e a dos moitos mozos remeiros que se unen ano a ano á primeira traíña para reforzar a tripulación. Fernández amósase “satisfeito co traballo do equipo e cos descensos realizados até o momento”, onde estiveron loitando pola vitoria.

O obxectivo de todos os equipos cada tempada é dar o máximo en cada regata para chegar o máis lonxe posíbel. Joseba Fernández ten clara esta premisa, mais admite que “repetir o resultado do ano pasado sería cumprir obxectivos”, aínda que se amosa “ambicioso e con ganas de dar un paso adiante, por moi difícil que sexa”. Respecto á presente tempada Liga San Miguel, ve moi fortes todos os equipos, e prevee unha tempada moi igualada.

Voltar