ACT TV 2016

ENTREVISTAS

11 Mai 2016

"Queremos estar na pelexa pola Coroa CaixaBank"

"Queremos estar na pelexa pola Coroa CaixaBank"

O adestrador de Orio Babyauto, Joxean Olaskoaga, valora a pretempada dos 'aguiluchos' e proponse loitar coas mellores embarcacións

A pouco máis dun mes para o comezo da Liga San Miguel, a embarcación de Orio Babyauto segue preparándose na que é a volta de Joxean Olaskoaga ao conxunto 'aguilucho'. Tras ter sido adestrador de 2006 a 2009, este ano volve á entidad oriotarra con máis ambición e forte que nunca.

Con respecto á tempada pasada, Joxean Olaskoaga admite que "houbo bastantes mudanzas, tivemos baixas, altas e incorporacións da canteira; mais, ficou un equipo bastante parecido ao do ano pasado e temos esperanzas de seguir cara arriba". O técnico oriotarra ten claro que "non é un ano de transición, queremos estar na pelexa sendo conscientes de que hai que traballar moito". Porén, o preparador de Orio Babyauto amósase positivo coa aposta que fixeron de saír "a gañar" en cada regata.

Un ano máis, o técnico de Orio cre que "tanto NT2 Hondarribia como Urdaibai Avia, son favoritos", mais como obxectivo, márcase "entrar na pelexa cos mellores". É máis, Joxean Olaskoaga ten entre cella e cella lograr a Coroa CaixaBank, algo que até o momento a traiñeira de Orio Babyauto non puido conseguir: "é algo que até o momento non se puido lograr, sería bonito conseguilo e deixar atrás os segundos postos".

Sen dúbida, as intencións do técnico 'aguilucho' son claras e prevé que a clave para conseguir tan prezada Coroa CaixaBank é, "comezar ben desde o principio a Liga San Miguel".

Voltar