ACT TV

ENTREVISTAS

24 Xu˜ 2021

"Queremos chegar a pelexar cos de arriba"

"Queremos chegar a pelexar cos de arriba"

Jon Elortegi, adestrador de Bermeo Urdaibai Avia, está con vontade de competir, e melloraren os resultados da pasada campaña malia realizar unha pretempada na que non puideron competir como lles tivese gustado. 

O invierno foi raro, aínda que sen chegar aos parámetros do anterior. Dentro desas irregularidades, Jon Elortegi afirma que traballaron moito. Ademais, asegura que por non poderen competir coas demais tripulacións, “temos máis vontade de nos atopar na Liga con eles. Vexo o equipo con moita vontade de mellorar, de demostrar e estar aí adiante”.

No referido aos obxectivos, o técnico da Bou Bizkaia é claro, “no ano pasado conseguimos ser terceiros na Liga Eusko Label, e os remeiros son ambiciosos e queremos mellorar ese resultado”. 

Na pelexa polos obxectivos, porén, sabe que non van ter un camiño agradábel, “a verdade é que hai rivais moi fortes. Hai equipos que se reforzaron moito, con grandes tripulacións que seguro darán un grande nivel”, afirma Elortegi. ”Queremos chegar a pelexar con eles”, asegura o de Barrika. 

Voltar