ACT TV 2023

ESPECIAL

20 Mar 2023

Publicadas as listaxes de pretempada da Liga Eusko Label!

Publicadas as listaxes de pretempada da Liga Eusko Label!

Os equipos que participarán este verán, presentan a súa primeira listaxe de remeiros 

A case 100 días de comezar unha nova edición da Liga Eusko Label, os equipos que participarán presentan a súa primeira listaxe de remeiros de cara á nova tempada. Estas listaxes foron publicadas nos apartados dos clubs, polo que poderás ver os deportistas escollidos para se facer coa Coroa CaixaBank. 
 
Os primeiros descensos invernais facilitaron ver algún movemento dos clubs da tempada pasada para esta. Aínda que a listaxe definitiva non chegará até 20 días antes do inicio da Liga Eusko Label, é unha información moi válida para os seguidores da competición. Nesta primeira listaxe os equipos presentan un mínimo de 18 deportistas e un máximo de 28, que se rebaixará a unha listaxe máxima de 22 deportistas para a competición. 
 
Visualizar os planteis na app
Os planteis dos clubs da Liga Eusko Label tamén están disponíbeis na app ACT Remo tanto en Android como iOS. Ao entrar, visualizarase a tempada da última sesión que foi aberta, que en moitos casos será da tempada 2022. Para poder ver tanto as novas, como os planteis desta tempada, teremos que mudar o ano da navegación para a tempada 2023, e ir entrando nos diferentes apartados da aplicación.  
 

Voltar