Novas 2022

COMPETICION

21 Mar 2022

Publícanse as listaxes de pretempada!

Publícanse as listaxes de pretempada!

Os equipos da Liga Eusko Label presentan a súa primeira listaxe de remeiros de cara unha nova tempada

Unha nova tempada da Liga Eusko Label está cada vez máis perto, e por isto, e depois dos primeiros meses da pretempada, os equipos presentaron a súa primeira listaxe de remeiros da tempada. A Coroa CaixaBank estará de novo en xogo, e hoxe coñecemos os deportistas escollidos polos clubs para facérense con ela.

Aínda faltan meses para que a nova tempada da Liga Eusko Label arríe as súas estachas, pero os clubs levan a traballar varios meses xa de cara a ela. É claro que as listaxes que presentan hoxe sufrirán algunhas mudanzas con respecto á derradeira listaxe que presentarán a mediados de xuño, mais sen dúbida é unha información válida para coñecermos as incorporacións dos equipos de cara a nova tempada. É a información que os afeccionados da competición levaban esperando dende hai tempo.
 

Voltar