Novas 2016

ASOCIACION

12 Mai 2016

Procúrase o mellor patrón

Procúrase o mellor patrón

Máis un ano os patróns voltarán pugnar polo Trofeo CaixaBank que actualmente descansa nas vitrinas de San Juan Ibedrola

O verán preséntase intenso para as 12 traiñeiras da Liga San Miguel onde pelexarán ao longo de 19 batallas por se facer coa prezada Coroa CaixaBank. Pero isto non é todo, xa que outro ano máis tamén se premiará o labor que realiza o patrón. Como se vén facendo desde a tempada 2008, seguindo unha serie de criterios obxectivos marcados polo GPS, valorarase en cada xornada con tres, dous e un punto o traballo e a pericia do patrón. Un líder, cómpre sinalar, que irá identificado con xa clásico maillote branco de CaixaBank. Este ano, os patróns da Liga San Miguel tentarán destronar aos actuais campións, Endika Pérez e Jon Ormazabal, patróns de San Juan Iberdrola.

O Comité Técnico será quen puntúe a habilidade, o bo facer e máis a execución de dirixir a súa embarcación. Para alén do seguemento que se lles fará durante o transcurso da regata, o Comité administrará unha información obxectiva mediante os datos que obterán do GPS. Estes serán, os metros realizados pola traiñeira, o tempo que precisou a embarcación para manobrar nas tres ceavogas (a distancia medirase de 50 metros antes a 50 metros despois da baliza) e o factor relativo do traballo resultante do patrón (comparando tempo/velocidade do percorrido e o tempo/velocidade en tomar as ceavogas). Apañando todos estes datos, ao patrón que mellor executase todo isto, adxudicaránselle tres puntos, dous ao segundo e un ao terceiro.
 

Voltar