Novas

ESPECIAL

10 Xul 2020

Primeiros asaltos en augas vascas

Primeiros asaltos en augas vascas

Esta fin de semana desputaranse a V e VIII Bandeira CaixaBank o sábado en Donostia e a IV e XXXVII Bandeira Petronor o domingo en Zierbena

Despois dos primeiros dous asaltos da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren na Coruña, a competición trasládase a Euskadi, onde terán lugar as dúas seguintes xornadas da competición.

A Liga Eusko Label chega con dous equipos empatados a puntos no máis alto da clasificación, Orio Arraunketa Elkartea e Santurtzi Transportes y Grúas Aguado con 21 puntos. No que se refire á clasificación CaixaBank ao Mellor Patrón, Josu Barturen de Bermeo Urdaibai Avia lídera a táboa, empatado a puntos con Iñigo Larrinaga de Ondarroa Cikautxo. Por outro lado, Orio Arraunketa Elkartea lidera ambas clasificacións na Liga Euskotren, polo que Nadeth Agirre, patroa das ‘aguiluchas’ está en posesión de ambos maillotes.

Mañá desputaranse a V e VIII Bandeira CaixaBank na baía da Concha de Donostia, onde os 16 equipos retomarán o pulso da competición nun dos encontros máis prestixiosos da tempada de traiñeiras. A xornada comezará ás 17:40 horas coa pugna pola V Bandeira CaixaBank onde voltaremos ver en acción as catro traiñeiras da Liga Euskotren: Orio Arraunketa Elkartea, Donostiarra, Donostia Arraun Lagunak e Hondarribia Bertako Igogailuak.

A pasada tempada, a vitoria nesta bandeira foi para as ‘aguiluchas’ en augas de Castro Urdiales. En canto ao récord do campo, teno a traiñeira de San Juan, que no 2018 marcou un crono de 11’00”74.

Unha vez rematada a quenda feminina, chegará a vez das tripulacións masculinas. As quendas estarán organizadas en base á clasificación xeral da Liga Eusko Label, polo que na primeira quenda teremos a Zarautz Babyauto, Kaiku Vusa, Lekittarra Elecnor e CR Ares. Na segunda quenda estarán Cabo, Ondarroa Cikautxo, GO fit Hondarribia e Zierbena Bahías de Bizkaia. Por último, na quenda de honra remarán Bermeo Urdaibai Avia, Donostiarra Amenabar, Santurtzi Transportes y Grúas Aguado e Orio Arraunketa Elkartea.

A tempada pasada, a vitoria na VII Bandeira CaixaBank foi para Zierbena Bahías de Bizkaia e o récord deste campo de regatas osténtao Bermeo Urdaibai Avia, quen logrou un tempo de 19’39”14 na tempada 2018.

Xa o domingo, a competición trasladarase a Zierbena onde se porán en xogo a IV e XXXVII Bandeira Petronor. A quenda da Liga Euskotren comezará ás 11:40 horas, onde as catro embarcacións tentarán superar o mellor tempo do campo de regatas que marcou San Juan no 2014, 10’29”54. Na Liga Eusko Label, as 12 traiñeiras masculinas distribuiranse como sempre en tres quendas, desta vez organizadas en base aos resultados obtidos na xornada do sábado en Donostia. Orio Arraunketa Elkartea levou a pasada tempada a bandeira para a casa e o mellor rexistro teno Bermeo Urdaibai Avia, con 19’24”42 conseguido no 2014.

Voltar